Atlético Arteixo 4 vs Puebla F.C. 0

ATLETICO ARTEIXO: Jose Hevia, Iván, Pablo Domínguez (Sergio Cancela 65´), Antonio (Laye 46´), Gamallo, Oscar, Edu (Porto 46´), Naya (Bandera 65´), Aitor, Iker (Pablo Ramos 65´) e Iago Blanco.

PUEBLA F.C.: Dieste, Raul Pereiras, Sera, Xabi, Juan (Manuma 73´), Santi (Marcos Lado 73´), Alex Teira, Brais Nieto (Edu 73´), Madiop (Falcón 59´), Adao (Nacho 86´) e Viturro

GOLES:

1-0 6´Iago Blanco transforma un penalti por mans a remate de Antonio.

2-0 13´Naya de precioso disparo lonxano.

3-0 36´Iago Blanco regatea a Dieste e marca a porta baleira.

4-0 64´Gran xogada do Arteixo, que tras centro de Iker Aitor remata ó fondo das mallas.

Levouse os tres puntos na xornada inicial de liga o Arteixo ante un Puebla que tivo que remar dende o inicio cun marcador en contra, e dende o minuto 40 co feito de xogar con 10 homes, por expulsión de Viturro.

Os compases iniciais foron trastocados polo penalti por mans que transformou con frialdade Iago Blanco. O Arteixo xogou a favor de vento dende o inicio e aproveitouno ben. Edu probou a Dieste dende a distancia no minuto 9 e pouco despois Naya marcou un gol que sacou os aplausos dun animoso graderío con ganas de deixarse seducir polo novo Arteixo de Juan Riveiro.

Un disparo cruzado do visitante Brais Nieto precediu a unha boa ocasión de Iker, e no seguinte minuto un erro na saída de balón do Puebla aproveitao Iago Blanco, pletórico de forza e velocidade, para sentenciar o encontro.  A expulsión de Viturro foi o clavo na tumba dun Puebla que non foi quen de reaccionar.

O segundo tempo foi de trámite. Laye, que debutou en liga con notable, rematou de cabeza alto un balón parado. Contestou Falcon no 65 cunha falta que rozou o longueiro, pero na seguinte xogada Aitor anotou o cuarto tanto. Ata o final só foi destacable un gran tiro de Porto que rexeitou Dieste, cun Arteixo pensando no partido en Paiosaco, e dando entrada ós xogadores de banquiño, que mantiveron sen problemas o bo nivel do equipo.