A NOSA

HISTORIA

O Atlético Arteixo é un club de fútbol histórico do Concello de Arteixo. Foi fundado no ano 1949 na zona de Candame por D. Fernando Insua e D. Eduardo Martís. Comezou coma un equipo de barrio que xurdiu como alternativa ao todo poderoso Penouqueira Club Fútbol, o club máis coñecido e co maior apoio da vila naquela época.

Na década dos 60 estivo á fronte do club D. Francisco Rabuñal, que contribuiu a que o novo equipo se fora consolidando pouco a pouco.

Nos anos 70 accedeu ao cargo da presidencia D. Lisardo Campos, sendo o presidente que ocupou o posto durante máis anos e, probablemente, a figura á que o club debe a maior parte do que é hoxe en día. Seu foi o mérito de facer medrar o club, coa consolidación do equipo sénior na liga de Rexional Preferente e coa creación das categorías inferiores (infantil e xuvenil). Fíxoo ademais sen os medios e axudas institucionais coas que contan os clubs na actualidade.

Por aquela época disputaba os seus encontros no xa desaparecido campo Municipal de Arteixo, que estaba situado onde hoxe se encontra o Instituto de Educación Secundaria, e que se caracterizaba por ser un campo de terra e grava no que era común rematar os partidos mancado.

Baixo o seu mandato, na temporada 1998/1999 subiu por primeira vez á Terceira División e, se ben ao ano seguinte baixou de novo á Rexional Preferente, D. Lisardo viu cumprido o seu soño de ver participar ao Atlético Arteixo nesta categoría semi-profesional.

Como recoñecemento á importante labor de D. Lisardo, falecido fai máis dunha década, cada ano celébrase o trofeo de fútbol “Memorial Lisardo Campos” durante as festas do Santiago Apóstol.

No ano 2000, D. Lisardo, despois dunha vida dedicada ao fútbol, deixa o cargo de presidente, sendo substituído por D. Jorge García. Seu foi o mérito de captar novos apoios, grazas á súa amizade e contactos con distintos empresarios. Por aquela época inaugurouse o actual campo de Ponte dos Brozos, o que supuxo unha importante mellora na calidade das instalacións.

arteixo_oviedo

Con D. Jorge García lográronse os maiores éxitos deportivos del equipo, retornando á 3ª División na temporada 2001-2002 e acadando o teito deportivo do club na temporada 2004-2005 co ascenso á categoría profesional de 2ªB. Para iso tivo que derrotar na promoción de ascenso a todo un Real Oviedo, club histórico de 1ª División, que descendera a 3ª por problemas administrativos. No partido de ida o Arteixo venceu 1-0 no seu campo, con 3.000 espectadores, moitos deles asturianos. A volta xogouse no estadio Carlos Tartiere ante 21.000 afeccionados ovetenses. O partido rematou 3-2 a favor do Oviedo, pero grazas ao valor dobre dos goles en campo contrario, o Arteixo subiu de categoría, conseguindo o maior logro da súa historia.

Por primeira vez o Atlético Arteixo competiría con equipos tan importantes como eran o Leganés, Las Palmas, o Alcorcón, Raio Vallecano e os filiais do Real Madrid e do Atlético de Madrid. Polo campo de Ponte dos Brozos pasaron xogadores que acabarían converténdose en figuras da 1ª División, como foi o caso de Mario Suárez e Juanfran, do Atlético de Madrid, e Diego López, Arbeloa, Rubén de la Red e Soldado, do Real Madrid.

Pero o que ía ser unha temporada de festa e celebración acabou converténdose no maior pesadelo. A chegada da crise económica e a perda de apoios financeiros desembocaron na dimisión do presidente D. Jorge García, sendo substituído por D. Manuel Rábade ata o final da temporada. O equipo rematou nunha decepcionate última posición. Por causa de impagos a xogadores, foi sancionado cun descenso á liga de Rexional Preferente.

As débedas económicas contraídas na categoría de bronce provocaron que non se puidesen fichar novos xogadores, tendo que competir xóvenes deportistas da categoría de xuvenís e do Sénior B. O equipo non conseguiu manter a categoría e baixou a 1ª Rexional, na que permaneceu ata a temporada 2014-2015, na que por fin retornou a Rexional Preferente.

Polo camiño, nun duro e largo proceso para saldar as débedas, pasaron novos presidentes como foron D. Ricardo Paz e D. José López, ata chegar a D. Francisco Luís Gil, que ocupa actualmente o cargo.

Pero o que ía ser unha temporada de festa e celebración acabou converténdose no maior pesadelo. A chegada da crise económica e a perda de apoios financeiros desembocaron na dimisión do presidente D. Jorge García, sendo substituído por D. Manuel Rábade ata o final da temporada. O equipo rematou nunha decepcionate última posición. Por causa de impagos a xogadores, foi sancionado cun descenso á liga de Rexional Preferente.

As débedas económicas contraídas na categoría de bronce provocaron que non se puidesen fichar novos xogadores, tendo que competir xóvenes deportistas da categoría de xuvenís e do Sénior B. O equipo non conseguiu manter a categoría e baixou a 1ª Rexional, na que permaneceu ata a temporada 2014-2015, na que por fin retornou a Rexional Preferente.

Polo camiño, nun duro e largo proceso para saldar as débedas, pasaron novos presidentes como foron D. Ricardo Paz e D. José López, ata chegar a D. Francisco Luís Gil, que ocupa actualmente o cargo. Con este último logrouse o tan desexado ascenso á Terceira División logo de ser o campión da Rexional Preferente Norte na tempada 2021-2022.

PALMARÉS

  • Campión da Copa de A Coruña en cinco ocasión, a última delas na tempada 2013-2014.
  • Campión da categoría Rexional Galicia Preferente norte na tempada 1997-1998 e na 2021-2022.
  • Campión da categoría Primeira Rexional na tempada 2013-2014.

XOGADORES DESTACADOS

nando

Nando

Nando, xogador do Deportivo da Coruña entre 1992 e 1998, que tamén xogou en Levante, Valencia, Sevilla e SD Compostela.

manjarin

Javier Manjarín

Xogador do Deportivo da Coruña entre 1993 e 1999, do Sporting de Xixón e Racing de Santander. Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992 e internacional en 13 ocasions.

joseramon

Jose Ramón

Adestrador do Atlético Arteixo, que foi un destacado xogador do Deportivo de A Coruña entre os anos 1988 e 1995.

lucas perez

Lucas Pérez

Pasou pola categoría xuvenil do Atlético Arteixo. Xogador que despois acabaría xogando no Deportivo da Coruña, o Arsenal, o West Ham e actualmente no Deportivo Alavés.