os comezos

atlético arteixo

O Atlético Arteixo é un club de fútbol histórico do Concello de Arteixo. Foi fundado no ano 1949 na zona de Candame por D. Fernando Insua e D. Eduardo Martís. Comezou coma un equipo de barrio que xurdiu como alternativa ao todo poderoso Penouqueira Club Fútbol, o club máis coñecido e co maior apoio da vila naquela época.

Na década dos 60 estivo á fronte do club D. Francisco Rabuñal, que contribuiu a que o novo equipo se fora consolidando pouco a pouco.

Nos anos 70 accedeu ao cargo da presidencia D. Lisardo Campos, sendo o presidente que ocupou o posto durante máis anos e, probablemente, a figura á que o club debe a maior parte do que é hoxe en día. Seu foi o mérito de facer medrar o club, coa consolidación do equipo sénior na liga de Rexional Preferente e coa creación das categorías inferiores (infantil e xuvenil). Fíxoo ademais sen os medios e axudas institucionais coas que contan os clubs na actualidade.

Equipo Atletico Arteixo 1960

Por aquela época disputaba os seus encontros no xa desaparecido campo Municipal de Arteixo, que estaba situado onde hoxe se encontra o Instituto de Educación Secundaria, e que se caracterizaba por ser un campo de terra e grava no que era común rematar os partidos mancado.

Baixo o seu mandato, na temporada 1998/1999 subiu por primeira vez á Terceira División e, se ben ao ano seguinte baixou de novo á Rexional Preferente, D. Lisardo viu cumprido o seu soño de ver participar ao Atlético Arteixo nesta categoría semi-profesional.

Como recoñecemento á importante labor de D. Lisardo, falecido fai máis dunha década, cada ano celébrase o trofeo de fútbol “Memorial Lisardo Campos” durante as festas do Santiago Apóstol.

No ano 2000, D. Lisardo, despois dunha vida dedicada ao fútbol, deixa o cargo de presidente, sendo substituído por D. Jorge García. Seu foi o mérito de captar novos apoios, grazas á súa amizade e contactos con distintos empresarios. Por aquela época inaugurouse o actual campo de Ponte dos Brozos, o que supuxo unha importante mellora na calidade das instalacións.

Con D. Jorge García lográronse os maiores éxitos deportivos del equipo, retornando á 3ª División na temporada 2001-2002 e acadando o teito deportivo do club na temporada 2004-2005 co ascenso á categoría profesional de 2ªB. Para iso tivo que derrotar na promoción de ascenso a todo un Real Oviedo, club histórico de 1ª División, que descendera a 3ª por problemas administrativos. No partido de ida o Arteixo venceu 1-0 no seu campo, con 3.000 espectadores, moitos deles asturianos. A volta xogouse no estadio Carlos Tartiere ante 21.000 afeccionados ovetenses. O partido rematou 3-2 a favor do Oviedo, pero grazas ao valor dobre dos goles en campo contrario, o Arteixo subiu de categoría, conseguindo o maior logro da súa historia.

Por primeira vez o Atlético Arteixo competiría con equipos tan importantes como eran o Leganés, Las Palmas, o Alcorcón, Raio Vallecano e os filiais do Real Madrid e do Atlético de Madrid. Polo campo de Ponte dos Brozos pasaron xogadores que acabarían converténdose en figuras da 1ª División, como foi o caso de Mario Suárez e Juanfran, do Atlético de Madrid, e Diego López, Arbeloa, Rubén de la Red e Soldado, do Real Madrid.

Pero o que ía ser unha temporada de festa e celebración acabou converténdose no maior pesadelo. A chegada da crise económica e a perda de apoios financeiros desembocaron na dimisión do presidente D. Jorge García, sendo substituído por D. Manuel Rábade ata o final da temporada. O equipo rematou nunha decepcionate última posición. Por causa de impagos a xogadores, foi sancionado cun descenso á liga de Rexional Preferente.

Así, comezaba na temporada 2005-2006 unha nova etapa coa marcha de xogadores “estrelas” e coa volta do club ás súas orixes deportivas, baixo o mandato do novo presidente D. Manuel.

As débedas económicas contraídas na categoría de bronce provocaron que non se puidesen fichar novos xogadores, tendo que competir xóvenes deportistas da categoría de xuvenís e do Sénior B. O equipo non conseguiu manter a categoría e baixou a 1ª Rexional, na que permaneceu ata a temporada 2014-2015, na que por fin retornou a Rexional Preferente.

Polo camiño, nun duro e largo proceso para saldar as débedas contraídas durante a estancia en 2ªB, pasaron novos presidentes como foron D. Ricardo Paz e D. José López, ata chegar a D. Francisco Luís Gil, que ocupa actualmente o cargo.

Se ben o club sigue tendo en mente o regreso á 3ª División do equipo sénior, na última década deixou de dar preferencia absoluta ás metas do primeiro equipo, pasando a destinar máis atención e recursos ás categorías inferiores, aumentando notablemente os deportistas inscritos e logros alcanzados.

Co aumento dos ingresos económicos chegaron novos xogadores de diferentes partes de Galicia, moitos deles de prestixio recoñecido, entre os que destacan:

Carballo-20140602-01425
nando

Nando

Nando, xogador do Deportivo da Coruña entre 1992 e 1998, que tamén xogou en Levante, Valencia, Sevilla e SD Compostela.

manjarin

Javier Manjarín

Xogador do Deportivo da Coruña entre 1993 e 1999, do Sporting de Xixón e Racing de Santander. Foi medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Barcelona de 1992 e internacional en 13 ocasions.

joseramon

Jose Ramón

Adestrador do Atlético Arteixo, que foi un destacado xogador do Deportivo de A Coruña entre os anos 1988 e 1995.

lucas perez

Lucas Pérez

Pasou pola categoría xuvenil do Atlético Arteixo. Xogador que despois acabaría xogando no Deportivo da Coruña, o Arsenal, o West Ham e actualmente no Deportivo Alavés.