
Encontro amistoso disputado en Ponte dos Brozos, no que o Arteixo igualou a un tanto coa S.D. Sofán, equipo de 3ª división. Adiantouse o equipo visitante por medio do seu extremo esquerdo Artai, nova incorporación do equipo de Alberto Rodríguez. Foi producto dunha perda de balón no centro do campo, este chegou a Artai que encarou rápidamente a Mauro, recortou hacia a súa perna dereita e enganchou un gran disparo que batiu a Jesús.

No segundo tempo o Arteixo mellorou ostensiblemente, e mediado este período unha gran xogada de Iago Blanco, con remate axustado que da no pao antes de entrar, significa o empate. O encontro foi moi bonito, con un ritmo alto, sobre todo no primeiro tempo, e de gran rivalidade, algo impropio da altura de pretempada na que nos atopamos.
